O ciclocrós galego está de volta. Grazas ao esforzo de todos os estamentos do ciclismo autonómico para intentar salvar a temporada dunha modalidade en auxe, a Copa Galicia 2020 bota a andar cun calendario de seis xornadas. A primeira celebrarase este sábado desde as 10:00 horas no circuíto marinense de Chan de Gagán, onde se porán en práctica estritas medidas fronte a covid.
O XaxanCX, organizado polo Club Ciclista XSM, estreará con 170 inscritos a última actualización do protocolo elaborado pola Federación Galega de Ciclismo (FGC). Os participantes deberán presentar un resultado negativo nun test serolóxico ou nunha proba similar (PCR ou test de antíxenos) realizada entre 24 e 72 horas antes da carreira. Unha vez que se acceda á burbulla, o uso da máscara será obrigatorio durante os adestramentos. Ademais, cada ciclista so poderá contar cunha persoa que exerza labores de auxiliar. Este evento terá lugar 'a porta pechada', sen público.
Outra das restricións afecta á inscrición, dado que nesta temporada unicamente se poden anotar nas citas do calendario galego corredores empadroados nesta comunidade. As outras cinco xornadas da Copa terán como escenario Sanxenxo (28/11), Boiro (6/12), Santiago de Compostela (8/12), O Porriño (19/12) e Maceda (20/12). Todas estas probas son de categoría 1.33.5, polo que reparten puntos para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).
Os horarios tamén se modifican respecto á programación habitual ata este ano, aumentando a separación temporal entre as carreiras para evitar aglomeracións. A primeira quenda de saídas en Marín comezará ás 10:00 horas coas categorías Máster feminina e cadetes. Ás 11:15 iniciarase a competición Elite-Sub23 feminina e as de juniors, poñendo o peche á sesión matinal a proba Elite-Sub23 masculina ás 12:30. Pola tarde todo o protagonismo será para os masters masculinos: ás 15:30 arrancarán os de 40 anos e os de 30 e 50/60 farano a partir das 16:30.
Na última edición da Copa Galicia o cadro de gañadores por categorías compuxérono Laura Mira e André Martínez en cadetes, Laura Capa e Anxo Carril en juniors, Carla Fernández e Ángel Maneiro en sub23, Diana Blanco e Saúl López en elites, Rocío Blanco e Andrés Calvete en másters-30, Manuel Armada nos masters-40, Natalia Raña nas masters-40/50, Antonio Sousa nos máster-50 e Antonio Fernández nos máster-60. Por equipos impúxose o Cambre.
A organización lembra aos ciclistas que no caso de ter algún síntoma compatible con estar infectado coa covid-19, como febre, tose, dificultades respiratorias... deben quedar na casa, do mesmo xeito que se tiveron contacto estreito recentemente con algún paciente que sofre este virus e aínda non completaron o período de corentena indicado polas autoridades sanitarias.
Maceda coroou aos quince gañadores finais da Copa Galicia de Ciclocrós 2020
Irene Trabazo e Saúl López dan pasos de xigante no Porriño para proclamarse gañadores en Maceda
O Porriño e Maceda baixan o pano da Copa Galicia de Ciclocrós 2020
Información e Inscricións para o XIII Ciclocross Castelo de Maceda - Copa Deputación de Ourense
Información e Inscricións para o IV Ciclocrós Avanza
Irene Trabazo e Iván Feijoo exhíbense sobre o barro de Santiago
Iván Feijoo, gran atracción este martes na Copa Galicia de Ciclocrós en Santiago
Información e Inscricións para o XIX Ciclocross Cidade de Santiago
FEDERACIÓN EXTREMEÑA DE CICLISMO
Traseras Calle Platón s/n 06800 | Mérida (Badajoz)
924388611
FEDERACIÓN EXTREMEÑA DE CICLISMO
Traseras Calle Platón s/n 06800 | Mérida (Badajoz)
924388611