A capital autonómica acollerá o 8 de decembro a terceira xornada da Copa Galicia de Ciclocrós. As inscricións para o Ciclocross Cidade de Santiago xa están abertas. Fai click neste enlace para anotarte. O prazo remata este mércores, día 3, ás 23:59 horas.
Na XIX edición deste evento organizado polo Club Ciclista Compostelano tamén terán que inscribirse os Técnicos, Árbitros e Dirixentes (federados). Fai click neste enlace para anotarte.
As persoas que exerzan de asistentes sen estar federadas teñen que inscribirse facendo click nesta ligazón.
Tantos os corredores e as corredoras como o persoal asistente deberá cubrir os Formularios de Trazabilidade.
Os equipos teñen que facer a reserva da súa zona facendo click neste enlace.
Os medios de comunicación que queiran cubrir este evento deben enviar a súa solicitude facendo click nesta ligazón.
Nesta proba, ao igual que na apertura da Copa, non se admitirá a presenza de público.
Os horarios das quendas de saída cambian respecto á última xornada celebrada en Sanxenxo:
10:00 Cadetes e Féminas Cadetes
10:45 Máster-30, Máster-50/60 e Féminas Máster
12:45 Máster-40
14:00 Elite-Sub23, Júnior e mulleres Elite-Sub23 e Júnior
Respecto ao protocolo fronte á covid, lembrar ás corredoras e corredores que participaron no XaxanCX, primeira xornada da Copa, que deberán someterse a un novo test para presentar un resultado negativo 24/72 horas antes da carreira. A mesma pauta teñen que cumprir as/os ciclocrosistas que estrean a temporada en Santiago. Pola súa banda, aquelas/aqueles que realizaron a proba antes da cita de Sanxenxo non teñen a obrigación de volver facela.
Achegamos a guía técnica do Ciclocross Cidade de Santiago.
Maceda coroou aos quince gañadores finais da Copa Galicia de Ciclocrós 2020
Irene Trabazo e Saúl López dan pasos de xigante no Porriño para proclamarse gañadores en Maceda
O Porriño e Maceda baixan o pano da Copa Galicia de Ciclocrós 2020
Información e Inscricións para o XIII Ciclocross Castelo de Maceda - Copa Deputación de Ourense
Información e Inscricións para o IV Ciclocrós Avanza
Irene Trabazo e Iván Feijoo exhíbense sobre o barro de Santiago
Iván Feijoo, gran atracción este martes na Copa Galicia de Ciclocrós en Santiago
Información e Inscricións para o XIX Ciclocross Cidade de Santiago
FEDERACIÓN EXTREMEÑA DE CICLISMO
Traseras Calle Platón s/n 06800 | Mérida (Badajoz)
924388611
FEDERACIÓN EXTREMEÑA DE CICLISMO
Traseras Calle Platón s/n 06800 | Mérida (Badajoz)
924388611