A última fin de semana da Copa Galicia 2020 arrancará o sábado 19 de decembro no circuíto do Velódromo do Porriño. As inscricións para o Ciclocrós Avanza xa están abertas. Fai click neste enlace para anotarte. O prazo remata o vindeiro mércores, día 16, ás 23:59 horas.
Na IV edición deste evento organizado pola AD. Avanza - Concello do Porriño tamén terán que inscribirse os Técnicos, Árbitros e Dirixentes (federados). Fai click neste enlace para anotarte.
As persoas que exerzan de asistentes sen estar federadas teñen que inscribirse facendo click nesta ligazón. Permitirase un acompañante por corredor/a.
Tanto os participantes como o persoal asistente deberán cubrir os Formularios de Trazabilidade.
Os equipos teñen que facer a reserva da súa zona facendo click neste enlace.
Os medios de comunicación que queiran cubrir este evento deben enviar a súa solicitude facendo click nesta ligazón.
Nesta proba, ao igual que no resto da Copa, non se admitirá a presenza de público.
Os horarios das quendas e a orde de saída das categorías cambian respecto á ultima xornada celebrada en Santiago:
13:00 Júnior masculina, Cadete masculina e Cadete feminina
13:45 Elite-Sub23 masculina, Elite-Sub23 feminina e Júnior feminina.
15:45 Máster-30, Máster-50/60 e Máster feminina
16:45 Máster-40
Respecto ao protocolo fronte a covid, os corredores e as corredoras deberán presentar un resultado negativo nunha proba PCR, de antíxenos ou serolóxica.
Achegamos a Guía Técnica e o Protocolo desta cita.
Maceda coroou aos quince gañadores finais da Copa Galicia de Ciclocrós 2020
Irene Trabazo e Saúl López dan pasos de xigante no Porriño para proclamarse gañadores en Maceda
O Porriño e Maceda baixan o pano da Copa Galicia de Ciclocrós 2020
Información e Inscricións para o XIII Ciclocross Castelo de Maceda - Copa Deputación de Ourense
Información e Inscricións para o IV Ciclocrós Avanza
Irene Trabazo e Iván Feijoo exhíbense sobre o barro de Santiago
Iván Feijoo, gran atracción este martes na Copa Galicia de Ciclocrós en Santiago
Información e Inscricións para o XIX Ciclocross Cidade de Santiago
FEDERACIÓN EXTREMEÑA DE CICLISMO
Traseras Calle Platón s/n 06800 | Mérida (Badajoz)
924388611
FEDERACIÓN EXTREMEÑA DE CICLISMO
Traseras Calle Platón s/n 06800 | Mérida (Badajoz)
924388611